Sunday 05 de May de 2024

Contacontos na biblioteca de Lorbé este xoves


Este xoves 26 de maio, ás 18:30 horas, está programado o contacontos Irene nos Andes na Biblioteca Municipal Xograr Mendiño de Lorbé. A actividade está dirixida a nenas e nenos maiores de 6 anos.

Os nenos participantes poderán viaxar aos Andes coa imaxinación, mediante fotografías e contos populares de Bolivia, Perú, Colombia e Ecuador. Pode reservarse praza no 981 618 201 ou na propia biblioteca de Lorbé.